Con motivo da celebración mañá venres, 27 de febreiro, do Día Mundial das ONG, a Deputación anuncia esta iniciativa que trata de render homenaxe ó labor que se fai desde as entidades sociais pola igualdade
O concerto, que será o vindeiro 6 de marzo, ás 19.30 horas, no Teatro Principal, correrá a cargo da Xove Orquestra Ourensanía, baixo a dirección dunha muller referente como é María Mendoza
Con motivo do Dia Mundial das ONG, o 27 de febreiro, a Deputación de Ourense anuncia que organiza o “Concerto 8M” para poñer en valor o traballo que realizan as entidades sociais da provincia a prol da igualdade, no marco das actividades organizadas polo Día Internacional da Muller.
A Deputación propón este concerto como unha ferramenta para reivindicar que o benestar e a igualdade é unha composición colectiva. O concerto, que será o vindeiro 6 de marzo, ás 19.30 horas, no Teatro Principal, correrá a cargo da Xove Orquestra Ourensanía, baixo a dirección dunha muller referente como é María Mendoza, renderase homenaxe ó labor incansable que realizan a diario dirixentes, traballadoras e voluntarias do terceiro sector pola igualdade das mulleres que están en risco ou en exclusión social.
O evento poñerá o foco nunha realidade, ás veces, invisible que é a de ser muller e pertencer a un colectivo vulnerable, xerando unha dobre discriminación que multiplica as barreiras de participación social e igualdade.
O “Concerto 8M” empregará a música de cine como fío condutos para ilustrar o empoderamento feminino e conectalo directamente coas realidades que as ONG da provincia atenden a diario.
Deste modo, homenaxearase o esforzo que realizan as entidades sociais da provincia na axuda ás mulleres que diferentes circunstancias vitais lle xeran unha segunda discriminación que une á de xénero. O concerto resaltará como, en cada caso, a súa valentía multiplícase grazas ao respaldo, ás terapias e ao acompañamento emocional que brindan as entidades sociais.



