HomeOurenseA execución de obras obrigará a pechar ao tráfico mañá venres un...

A execución de obras obrigará a pechar ao tráfico mañá venres un carril da avenida de Alfonso Rodríguez Castelao

- Anuncio -spot_img

O corte afectará ao carril de entrada cara ao centro da cidade e o tráfico desviarase polas rúas de Antonio Faílde e Pablo Iglesias segundo avancen os traballos

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a execución de obras requirirá pechar ao tráfico mañá, venres, 27 de febreiro, o carril da avenida de Alfonso Rodríguez Castelao que circula en dirección ao centro da cidade.

O corte realizarase por tramos de forma progresiva. Comezará no que vai desde a rotonda ata a rúa de Antonio Faílde e continuará co que vai desde a rúa de Antonio Faílde ata a rúa de Pablo Iglesias.

O tráfico desviarase, respectivamente e dependendo do momento do corte, polas rúas de Antonio Faílde e de Pablo Iglesias.

Publicacións Relacionadas