A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse este mediodía en sesión ordinaria no salón de plenos do Concello e adoptou 12 acordos. Entre eles, destaca a aprobación da Oferta de Emprego Público do Concello para o exercicio 2026, por promoción interna. A proposta inclúe 23 prazas:
• 14 prazas de Auxiliares Administrativos/as (subgrupo C2).
• 5 prazas de Administrativos/as (subgrupo C1).
• 4 prazas de Inspector/a da Policía Local (3 por promoción interna e 1 por mobilidade).
Na mesma sesión, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual 4/2025 da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello, logo do seu período de exposición pública.
No apartado de Licenzas Urbanísticas, resolveu varios expedientes que afectan tanto a vivendas particulares como a locais comerciais:
• Cambio de uso: Concedeu a licenza para o proxecto de adaptación dun baixo que se converterá nunha vivenda na Praza Xesús Ferro Couselo.
• Vivenda e rehabilitación: Concedeu as licenzas para a construción dunha vivenda unifamiliar illada na estrada Piñor – Cabeza de Vaca e para a rehabilitación dunha cuberta na zona de Sistis.
• Outros: deu o visto e prace ao expediente de legalización e remate das obras de acondicionamento dun local para unha praza de garaxe privado na Avenida de Portugal e denegou a solicitude de declaración de innecesariedade de licenza de segregación dunha vivenda na rúa Ervedelo.
En Patrimonio e responsabilidade patrimonial, a Xunta de Goberno Local deu conta de dúas reclamacións por danos derivados de caídas na vía pública: inadmitiu unha, que remitirá á Axencia Galega de Infraestruturas por ser a entidade competente para resolvela, e desestimou outra porque non concorrían os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización. Tamén acordou arquivar un expediente de recuperación de oficio polos danos causados por un vehículo a un banco de titularidade municipal.
No apartado de Avogacía Consistorial, procedeuse á rectificación dun acordo previo relativo a unha resolución do Tribunal de Instancia do Contencioso-Administrativo. Finalmente, na área de Administración Xeral, aprobouse unha conta xustificativa de fondos de caixa fixa



