HomeA CoruñaO mércores 4 de marzo celebrarase a V Feira de Orientación académica...

O mércores 4 de marzo celebrarase a V Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros

- Anuncio -spot_img

O próximo mércores 4 de marzo celebrarase no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a V Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de formación profesional, educación secundaria e Bacharelato.

Dezaoito entidades entre as que se atopan Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostalaría, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño…), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias entre outras, informarán durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.

Durante a mañá, de 9.30 a 13.30 horas, máis de 650 alumnos e alumnas dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por mestres e orientadores, visitarán a Feira en distintas quendas. Pola tarde, de 15:00 a 17.00 horas, o evento abrirá ás súas portas a todo o público interesado.

Este encontro está organizado polo Concello de Oleiros en colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros de ensinanza secundaria existentes no concello, IES Neira Vilas, IES María Casares, IES Miraflores e Colexio Hijas de Cristo Rey.

Publicacións Relacionadas