HomeA CoruñaA CoruñaO Concello avanza no proxecto de construción da nova biblioteca de Palavea

O Concello avanza no proxecto de construción da nova biblioteca de Palavea

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local aprobou a primeira fase da actuación, que permitirá demoler o edificio actual

O Concello aprobou hoxe en Xunta de Goberno Local a licitación da primeira fase da construción dunha nova biblioteca municipal no barrio de Palavea. Esta primeira actuación corresponderase coa demolición do edificio actual do antigo mercado.

O documento contempla un investimento público de 51.854,34 € para retirar a infraestrutura existente, e estima a execución desta fase nun prazo aproximado de dous meses desde a adxudicación da obra. A licitación da nova biblioteca farase unha vez remate a primeira fase de demolicións.

O desembolso total previsto superará o millón de euros. A decisión de construir a primeira biblioteca pública en Palavea avanza despois de no pasado mes de outubro aprobárase tamén en xunta de goberno o estudo de detalle necesario para poder actuar sobre a parcela do mercado. Dito estudo de detalle tamén será levado ao pleno para a súa aprobación. .

Co fin de evitar grandes fluxos de tráfico nunha zona eminentemente residencial, o Goberno municipal decidiu trasladar as prazas de estacionamento vinculadas ao novo servizo ao acceso oeste a Palavea, co fin de non mermar o número de prazas no núcleo e de non contribuír a xerar tráfico nunha zoa eminentemente residencial.
“O Goberno leva moitos anos escoitando aos barrios da cidade para atender as súas demandas. O comezo deste proxecto é a proba do noso compromiso coa mellora da calidade de vida nos barrios, aos que estamos a dotar das mellores infraestruturas”, valorou a alcaldesa, Inés Rey.

Publicacións Relacionadas