O alcalde Gonzalo Pérez Jácome participou hoxe na presentación oficial de ESSSPOP! – XII Xornadas de Viños Espumosos Rías Baixas, que tivo lugar na Sala Valente.
O alcalde Gonzalo Pérez Jácome participou na presentación oficial de ESSSPOP – XII Xornadas de Viños Espumosos Rías Baixas, un evento xa consolidado no calendario enogastronómico galego que se celebrará os próximos 27, 28 e 29 de marzo de 2026 no Parque de Torrado en Cambados e
que durante tres días ofrecerá ao público degustacións, zona gastronómica e concertos en directo, consolidándose como unha cita imprescindible para profesionais do sector, persoas amantes do viño e público xeral interesado en descubrir a singularidade dos espumosos elaborados en Rías Baixas no Parque de Torrado en Cambados.
O evento tivo lugar hoxe na Sala Valente onde o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, interviu para dar a benvida á cidade e destacar a importancia deste tipo de iniciativas para a promoción turística, cultural e gastronómica do territorio.
O alcalde acompañou a José Ramón Abal Varela, concelleiro de Enoturismo de Cambados, que puxo en valor a tradición vitivinícola e o potencial do enoturismo na comarca, que a volverá converter no epicentro do espumoso de Rías Baixas.
Con doce edicións nás súas costas, ESSSPOP! reafirma a súa aposta pola promoción dos viños espumosos da zona, poñendo en valor a súa identidade, calidade e capacidade de innovación.



