HomeBaixo MiñoA GuardaAs obra da rúa Rosalía de Castro buscan a mellora seguridade peonil...

As obra da rúa Rosalía de Castro buscan a mellora seguridade peonil e de usuarios da Alameda

- Anuncio -spot_img
  • Instalaranse zonas de sombra e verdes, así como a renovación do saneamento e canalización

Iniciáronse as obra de peonalización da rúa Rosalía de Castro, no entorno da Alameda da Guarda.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, resalta que a obra busca “mellorar a seguridade de nenos e nenas, para que todos e todas podamos desfrutar con seguridade dun dos principais espazos de esparcimento da Guarda”.

Coa obra preténdese tamén mellorar a accesibilidade e seguridade dun tramo que concentra moita actividade peonil a diario: é itinerario para unir o núcleo urbano con servizos como o Centro de Saúde, Centro Cultural, centros escolares ou piscina.

Instalaranse zonas de sombra e zonas verdes, así como bancos e xardineiras, apostando por un espazo para as persoas. A renovación tamén se realizará no sistema de saneamento e canalización, así como dos elementos de drenaxe e iluminación.

Esta actuación ten un orzamento de 375.000€ e será financiada a través do Convenio Interadministrativo entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello Guarda para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino da Guarda, no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU.

Publicacións Relacionadas