HomePontevedraSoutomaior presenta o 8M cunha programación centrada no mar

Soutomaior presenta o 8M cunha programación centrada no mar

- Anuncio -spot_img
  • O 7 de marzo terá lugar a entrega do premio “María a das mil flores” a Estrella Cortegoso, a primeira muller mariñeira da Confraría de Arcade.  

A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, e a Técnica de Igualdade, Marga Taboada presentaron hoxe a programación do 8M para este 2026.

Baixo o lema Herdeiras do sal, este ano a campaña municipal centra o seu foco na  visibilización e recoñecemento da figura das mulleres no mar.

Dentro da programación para este 8M está o acto central, será o sábado 7 de marzo, onde se fará entrega do recoñecemento a “María a das mil Flores” a Estrella Cotegoso, a primeira muller mariñeira da Confraría de Arcade. Un premio que, lembramos, foi acordado coa maioría de votos no Consello feminista municipal. Nesta xornada, do 7 de marzo, tamén poderemos descubrir o documental onde se nos conta a vida e a súa relación co mar de Estrella Cortegoso. E, para rematar a xornada, poderemos desfrutar da actuación musical do Orfeón do berbés. Un acto que comezará ás 20:30h. no Multiúsos de Arcade e cuxa entrada será de balde ata completar o aforo.

Unha programación que tamén inclúe un obradoiro, de balde, de Artesanía con redes de mar que se realizará o 9 de marzo en horario de 16:30 a 20:30h no Multiúsos de Arcade. Unha cita impartida por Redeiras Artesás. A inscrición para esta cita abrirá mañá en https://soutomaior.gal/actividades/

Dende o concello animan á veciñanza a participar e formar parte destas citas englobadas dentro da celebración do 8M de Soutomaior.

Publicacións Relacionadas