O vindeiro xoves, 5 de marzo, celebrarase unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a nova escola infantil de Xarío.
A visita terá lugar en horario de 18.00 a 19.30 horas, tempo no que as persoas asistentes poderán coñecer as instalacións e recibir información sobre os servizos que se ofrecerán o próximo curso.
O obxectivo desta iniciativa é facilitar que as familias coñezan os espazos, recursos e o proxecto da escola municipal, resolvendo posibles dúbidas.
A xornada é aberta a todas as persoas interesadas en coñecer este novo servizo educativo.



