O Concello de Ourense celebra o Día Internacional da Muller (8 de marzo) cunha ampla programación de actividades que inclúe un acto institucional, unha nova edición da Carreira da Muller, obradoiros, unha exposición colectiva, varias propostas para escolares e a entrega do XX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades.
Programación 8M – Concello de Ourense
Do luns 2 ao domingo 8 de marzo: Iluminación da Ponte Romana e da fonte de Concepción Arenal.
Do luns 2 ao xoves 5 de marzo: Teatro “Cluedo da Igualdade 2.0”, dinamizado por YUKA nos centros CEIP Seixalbo, CEIP Albino Núñez, CEIP Mestre Vide e CEIP Luis Acuña para alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Martes, 3 de marzo (16.30 – 18.30 h): Obradoiro para mulleres “O meu corpo, os meus límites”, impartido pola sexóloga Almudena Herranz Roldán no CIMM. Con servizo de canguraxe baixo solicitude.
Venres, 6 de marzo (08.45 h): Acto institucional e lectura do Manifesto polo 8M no salón de plenos do Concello.
Domingo, 8 de marzo: VII Carreira da Muller. Con saída da Praza Maior (Organiza: Runmaniak). Ás 10.50 h, Carreira inclusiva (1 km) e ás 11.00 h: Carreira da muller (5 km).
Días 3, 10, 17 e 24 de marzo: Obradoiro de empoderamento para mulleres dirixido a asociacións da cidade, impartido por Ana Pérez Cardoso no CIMM.
Días 6 e 13 de marzo: Escape Room “Estrelas” dinamizado por Ferriforio Comanche para alumnado do CPR María Auxiliadora e do IES 12 de Outubro.
17 de marzo (20.00 h): Inauguración da exposición colectiva de mulleres artistas de Ourense “Marzo todo o ano” na Sala Valente.
25 de marzo (20.00 h): Entrega do XX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades na Sala J.A. Valente.
A programación de actividades está organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense co apoio do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
As persoas interesadas en participar nos obradoiros ou obter máis información poden contactar coa Concellería de Muller (988 39 31 91 / concelleriamuller@ourense.es).



