Os fortes ventos causaron estragos no alumeado municipal e o deterioros na EBAR de Bértola e no Pavillón Municipal de O Toural
O Concello de Vilaboa presentou diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra toda a documentación necesaria para acollerse ás axudas destinadas á reparación dos danos provocados polos recentes episodios de fenómenos meteorolóxicos adversos. O expediente recolle unha valoración total de 35.071,87 euros, correspondente ás actuacións de reparación directamente vinculadas aos temporais de choiva intensa que afectaron o municipio.
A relación de danos inclúe tres infraestruturas municipais que sufriron incidencias relevantes. No Pavillón Municipal de O Toural, os efectos das choivas do 20 de xaneiro de 2026 deixaron danos valorados en 4.995,01 euros. A iluminación pública do Concello de Vilaboa tamén resultou afectada en distintos puntos do termo municipal, cun custo estimado de 27.959,36 euros para a súa restitución. Ademais, a Estación de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) de Bértola–Sajosa rexistrou danos o mesmo día 20 de xaneiro, cun importe de reparación de 2.117,50 euros.
O Concello subliña que estes episodios de choiva e vento están a xerar un impacto crecente nas infraestruturas locais, obrigando ás administracións municipais a asumir gastos extraordinarios que superan a capacidade ordinaria dos seus orzamentos. A solicitude destas axudas é, por tanto, esencial para garantir a recuperación rápida e segura dos servizos públicos afectados.



