• O investimento permitirá reforzar o tratamento terciario da estación depuradora, mellorando a calidade da auga e a protección ambiental.
O Concello de Ribeira vén de adxudicar o contrato de subministración dos compoñentes do sistema terciario de desinfección UV da EDAR de Couso.
O importe total do contrato ascende a 95.461,99 euros, correspondentes a unha base impoñible de 78.894,21 euros máis 16.567,78 euros en concepto de IVE (21%).
O prazo de execución establecido é de 13 semanas.
Esta actuación permitirá reforzar o sistema terciario de tratamento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Couso, garantindo unha maior eficiencia no proceso de desinfección mediante tecnoloxía ultravioleta, o que redunda nunha mellora da calidade da auga tratada e na protección do medio ambiente.
Dende o goberno municipal subliñan que este investimento forma parte do compromiso continuo coa modernización das infraestruturas hidráulicas do municipio e coa mellora dos estándares ambientais.



