O Concello de Boqueixón o Día da Muller cunha programación que inclúe unha nova edición da andaina gratuíta «8 M. No Camiño da Igualdade» e un curso de defensa persoal feminina. Dúas actividades gratuítas que terán lugar este domingo 8 de marzo e o vindeiro sábado 14 de marzo, respectivamente.
Así, este domingo 8 de marzo terá lugar unha nova edición da andaina «8 M. No Camiño da Igualdade», unha iniciativa organizada polos Concellos de Boqueixón, Vedra e Touro, ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e co apoio do Ministerio da Igualdade. A andaina terá lugar ao longo dunha ruta circular de 15 km de dificultade media, con saída e meta no Concello de Touro. As persoas participantes recibirán un agasallo e un bocadillo, ademais de poder desfrutar dun espectáculo de despedida a cargo de Teatro pola Igualdade.
E o sábado 14 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas, o ximnasio do Forte acollerá un curso gratuíto de defensa persoal feminina, para mulleres de máis de 14 anos (menores de idade con autorización familiar). A participación é totalmente de balde, se ben o número de prazas é limitado, polo que terán preferencia as mulleres empadroadas en Boqueixón..
Unha iniciativa organizada polo Centro de Información á Muller do Concello de Boqueixón e que será impartida pola Escola Judo Club. Inscricións no 981 513 106 ou no formulario: https://forms.gle/DuJECWSaooJMZBDKA



