HomeA CoruñaMáis movemento, máis vida!

Máis movemento, máis vida!

- Anuncio -spot_img
  • Cunha andaina inclusiva, unha exposición e dúas xornadas informativas, o Concello de Fene conmemorará o Día Mundial da Actividade Física
  • Abre o prazo de inscrición para a xornada sobre estilos de vida saudables e mindfulness que se celebrará o 26 de marzo

Sensibilizar á poboación sobre a importancia de practicar actividade física de xeito regular para mellorar a saúde e adquirir bos hábitos de vida, é o principal obxectivo do Día Mundial da Actividade Física que se conmemora cada 6 de abril por iniciativa da Organización Mundial da Saúde. O Concello de Fene xunto coa asociación Aspaneps súmanse este ano á conmemoración con distintas actividades gratuítas entre as que salientan unha andaina inclusiva o día 12 de abril, reparto de trípticos informativos, unha exposición que rotará polas asociacións do concello e instalacións municipais e dúas xornadas informativas (os días 26 de marzo e 23 de abril) impartidas polo Servizo Galego de Saúde.

O xoves 26 de marzo, de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Fene o primeiro cursiño baixo o título “Estilos de vida saudables: Mindfulness”. Dirixido a pacientes, familiares e poboación en xeral, nel falarase da importancia do estilo de vida no benestar persoal e no mantemento do contacto directo coas persoas e co entorno. Número de prazas: 25

Programa:

▪ Estilos de vida saudables de alta lonxevidade e calidade de vida

▪ Piares do autocoidado: actividade física, alimentación, estrés/resiliencia, sono, adicións, emocións, etc

▪ Técnicas para mellorar a atención (mindfulness), meditación

As inscricións nesta actividade realizaránse a través da páxina web municipal www.fene.gal, a Concellería de Deportes de Fene (Tfno. 981 340 366) ou a sección de formación do Sergas (enlace: https://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/DetalleActividadeCidadan.aspx?

CodCurso=6C0E5FD3C906C3E703641B3147809E22&DInicio=F3BB0F7ECB2E48AE0B46E6EF9BED2AD8&DLimite=9C13B5B1EBB24B0F57A53)

A segunda das xornadas informativas será o xoves 23 de abril, de 16.30 a 20.00, tamén na Casa da Cultura, e abordará o tema da “Mobilización e coidados das persoas dependentes”. Neste caso, os principais obxectivos da charla serán: dotar de habilidades aos coidadores de persoas maiores en mobilización, cambios posturais e hixiene postural e proporcionar aos coidadores as habilidades e coñecementos necesarios para coidar aos dependentes. Número de prazas: 25

Programa:

▪ Coidados en dependentes; técnicas de mobilización de persoas con dificultade da mobilidade

▪ Prevención de caídas

As inscricións nesta actividade realizaránse a través da páxina web municipal www.fene.gal, a Concellería de Deportes de Fene (Tfno. 981 340 366) ou a sección de formación do Sergas (enlace: https://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/DetalleActividadeCidadan.aspx?CodCurso=2E8E40EE8C05E3098167D52B5B7E7A38&DInicio=CA4AF1A1E0A2D83651C9BDDEA0CC0B21&DLimite=FDCC70B5BB6494ADD9DF7E8CF036CAD9&EsActivo=B0774228954A144BDC125D402ACC2AD4)

Publicacións Relacionadas