O presidente da Deputación de Ourense participou esta tarde nunha nova edición do Club Redeiras, organizado por AJE Ourense, un encontro que pon en valor o talento, a cooperación e o liderado feminino no ámbito empresarialDurante a súa intervención, o presidente destacou a importancia de crear redes de apoio e visibilidade para as emprendedoras, subliñando que “cando as mulleres emprenden, gaña Ourense”. Ademais, reafirmou o compromiso da institución provincial con iniciativas como EmprendOU en Feminino, un programa orientado a fixar poboación, dinamizar o rural e apoiar proxectos liderados por mulleres.O acto, celebrado ás portas do 8 de marzo, serviu para reivindicar o emprendemento como ferramenta de transformación social e económica na provincia.