HomeA CoruñaO Concello destina 34.000 euros a apoiar os clubs e entidades deportivas...

O Concello destina 34.000 euros a apoiar os clubs e entidades deportivas municipais

- Anuncio -spot_img

· Recentemente publicouse no BOP a convocatoria de subvencións para o financiamento das actividades realizadas no 2025

· O prazo para presentar as solicitudes comeza no día de hoxe, 6 de marzo

O Concello da Pobra do Caramiñal mantén o seu apoio aos clubs e entidades deportivas do municipio. Recentemente publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de subvencións para o financiamento das actividades realizadas no 2025. A contía aumenta ata os 34.000 euros, fronte aos 31.000 da convocatoria de 2024.

As axudas servirán para cubrir os gastos derivados da realización de actividades ao longo do ano pasado. Poderán solicitalas os clubs e asociacións deportivas do concello sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que desenvolvan a súa oferta no municipio. O prazo para presentalas comeza hoxe, venres 6 de marzo.

O alcalde e responsable da área de Deportes, José Carlos Vidal, puxo en valor que estas axudas serven “para apoiar o labor que realizan os clubs e entidades do noso municipio, que desempeñan un papel fundamental na promoción do deporte e dos hábitos de vida saudables entre a veciñanza”.

Publicacións Relacionadas