HomeA Coruña8M en San Sadurniño

8M en San Sadurniño

- Anuncio -spot_img


Enviamos dúas fotos das actividades desenvolvidas esta mañá en San Sadurniño con motivo do 8M. As crianzas da EIM A Rolada tiveron a primeira hora unha sesión de contacontos adaptados á súa idade e despois compartiron coas usuarias do Centro de Día o pendurado dos mandís e casacas cos que queremos simbolizar o traballo de coidar, tan importante e tan pouco valorado, que case sempre -ou sen case- recae nas mulleres.

O programa do Día Internacional da Muller continúa ata finais de mes con distintas actividades, que podedes consultar nesta ligazón. A máis inmediata será a estrea este domingo á tardiña dun novo episodio do vídeo pódcast “Falando sen cancelas” no que axente de Igualdade, Oriana López Castiñeira, entrevista á oboísta internacional Iria Folgado Dopico. O sétimo capítulo desta serie compartirase no Facebook municipal desde Youtube ás 20:00h.

Con respecto ao programa previsto pola área de Igualdade hai un pequeno cambio: adíase o obradoiro de cerámica con Carme Romero Díaz que ía desenvolverse o sábado 28 pola mañá no local social de Lamas. Proximamente informarase da nova data.

Publicacións Relacionadas