HomeA CoruñaAlternativa revisa o funcionamento de Villa Melania e os hortos municipais

Alternativa revisa o funcionamento de Villa Melania e os hortos municipais

- Anuncio -spot_img

O grupo municipal consultou durante a sesión plenaria de febreiro o programa de actividades e servizos que se está a realizar en Villa Melania e as súas instalacións da súa contorna, o goberno municipal comprometeuse a contestar no vindeiro pleno.


Alternativa dos Veciños realiza a consulta co obxectivo de coñecer o uso real que se está a facer tanto das instalacións de Villa Melania como dos servizos municipais que se prestan no seu entorno. A iniciativa forma parte do labor de fiscalización do grupo, co fin de poder trasladar propostas da veciñanza que permitan optimizar o aproveitamento destes recursos públicos.

A zona situase no centro de Vilaboa e constitúe un dos espazos verdes de lecer máis destacados da parroquia. Ademais, conta coas hortas urbanas situadas na súa finca, un servizo para que a veciñanza poida dispoñer de parcelas para o autocultivo.
Todo isto fai que as instalacións conten cun contexto moi favorable para impulsar a participación veciñal, social e comunitaria.

Publicacións Relacionadas