HomeA CoruñaA campaña polo 8M organizada polo SNL municipal chega á rúa

A campaña polo 8M organizada polo SNL municipal chega á rúa

- Anuncio -spot_img

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convocou, como cada ano, unha campaña polo Día da Muller, unha convocatoria de ideas dirixida á comunidade educativa do Concello de Oleiros co obxectivo de elaborar material divulgativo co gallo do 8 de marzo en galego.


A campaña estaba dividida en 4 categorías, atendendo aos cursos escolares das persoas participantes. A primeira categoría para nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, a segunda para alumnado de 1º e 2º de ESO, a terceira para 3º e 4º de ESO e a cuarta para mozos e mozas de bacharelato.

Presentáronse 288 lemas da primeira categoría, 109 lemas da segunda categoría, 6 lemas da terceira categoría e 92 da cuarta categoría.

Logo de revisar todos os lemas, deixouse deserta a terceira categoría, por non haber ningún lema destacable e escolléronse dous lemas da primeira.

Os lemas escollidos foron na primeira categoría Game over para o machismo: o 8 de marzo seguimos subindo de nivel xuntas, de Iago González Florescu, de 5º B de primaria do Colexio Hijas de Cristo Rey e Rompamos o teito de cristal, de Valeria Rostro Barrero, de 6º B do CEIP Plurilingüe da Rabadeira. Na categoría 2 elixiuse o lema Rompamos ese teito de cristal e construamos un mundo igual, de Alejandro Valero Villamar, de 1º de ESO do IES Miraflores e na categoría 4 gañou Fortes e valentes, donas do noso presente, de Ariadna Cuéllar González, de 1º de bacharelato do IES Miraflores.

Con estes lemas elaboráronse bolsas moradas para repartir entre o alumnado dos cursos participantes e o público en xeral.

Publicacións Relacionadas