- A exposición na Casa dos Alonso con maquetas de casa indianas da Guarda estará ata o 18 de marzo
O Concello da Guarda organizou unha exposición sobre as casas indianas da Guarda para que os diferentes colexios da zona a visiten e podan coñecer a pegada indiana na vila.
Esta actividade consiste nunha exposición con maquetas de polistireno de Ramón González e debuxos coa técnica de plumilla de Berto Franco, que se complementan coa información aportada polo historiador local Joaquín Miguel Villa.
Deste xeito, o alumnado descubre as vivendas indianas que poden ver a día de hoxe na vila, feitas hai máis de 100 anos por guardeses que regresaron de República Dominicana, Porto Rico e Brasil, principalmente. Ademais, grazas á unidade didáctica facilitada ao profesorado, poderán saber máis sobre a emigración e como no retorno, estas persoas influíron no ámbito social, económico e político, ademais do arquitectónico.
Esta exposición pode visitarse na Casa dos Alonso en horario de mañá ata o próximo venres 20 de marzo.



