HomeValdeorrasLaroucoPatricia Lamela toma o relevo na presidencia da agrupación do PP de...

Patricia Lamela toma o relevo na presidencia da agrupación do PP de Larouco, no inicio dun novo ciclo de congresos locais na provincia

- Anuncio -spot_img

·      O presidente provincial, Luis Menor, defendeu ás agrupacións locais como “o piar da defensa das xentes, do territorio e do compromiso co futuro dos nosos pobos”. Desde a máis grande ata a máis pequena, “sodes o corazón do PP e fundamentais para que sigamos sendo a forza na que máis ourensáns confían” 

·      Patricia Lamela pediu unidade, estabilidade, ilusión renovada para un proxecto que “escoite e que constrúa”, con portas abertas para todos, con diálogo por diante e con firmeza para defender o propio, “xa que este non é un proxecto persoal; é un compromiso co Partido Popular de Larouco” 

Patricia Lamela Rodríguez (Ourense, 1980) vén de ser elixida como nova presidenta do Partido Popular de Larouco, concello do que tamén é alcaldesa, logo de obter a confianza da militancia no congreso local celebrado neste municipio. Un conclave clausurado polo presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, quen defendeu ás agrupacións locais como “o piar da defensa das xentes, do territorio e do compromiso co futuro dos nosos pobos”.

Coa presenza tamén da secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas, e de militantes e simpatizantes, Patricia Lamela afirmou na súa intervención que agora “ábrese unha nova páxina e facémolo con vontade clara de mirar cara adiante polo noso partido e o noso concello”. A nova presidenta local asegurou que traballará con humildade e moita forza interior, “porque creo que vivir no rural é unha lección moi valente”

Patricia Lamela pediu unidade, estabilidade, ilusión renovada para un proxecto que “escoite e que constrúa”, con portas abertas para todos, con diálogo por diante e con firmeza para defender o propio, “xa que este non é un proxecto persoal; é un compromiso co Partido Popular de Larouco”.

Na clausura do Congreso, Luis Menor puxo en valor o paso que dá Patricia Lamela para asumir ás rendas do PP de Larouco, recollendo a testemuña de Joaquín Bautista Prieto, ao que agradeceu os seus 22 anos como alcalde e presidente dos populares no municipio.

“Non vas estar soa”, afirmou dirixíndose á nova presidenta local, pois segundo sinalou o presidente provincial “todas e cada unha das agrupacións, desde a máis grande ata a máis pequena, sodes o corazón do PP, e fundamentais para que sigamos sendo a forza na que máis ourensáns confían.

Destacou ademais que a provincia de Ourense é a que ten máis alcaldesas do PP en toda Galicia, reivindicando así a presenza e valía de mulleres como Patricia Lamela que “toman os mandos dun concello”.

“Hoxe abrimos un novo ciclo de congresos para renovar e fortalecer as nosas agrupacións” dixo Luis Menor, lembrando que a esta convocatoria seguirán os conclaves de Xunqueira de Espadanedo, Lobios, Lobeira e Muíños, “e non serán os últimos”.

Logo dun 2025 “frenético” en canto a actividade orgánica, apuntou, este será o ano para deixar “apunto a maquinaria do partido” ante os retos das eleccións municipais de 2027: superar as 54 alcaldías actuais, recuperar a maioría absoluta na Deputación e ser decisivos na capital.

Obxectivos, subliñou, que colocarán ao PP na mellor posición para lograr o que Galicia e España necesitan: asegurar a segunda maioría absoluta de Alfonso Rueda na Xunta e levar a Alberto Núñez Feijóo á Moncloa.

Publicacións Relacionadas