· A inauguración será o propio sábado, día 21, ás 12.00 horas
· As persoas interesadas en achegar as súas flores pódense inscribir no 671 090 262 ou 687 482 835
A sala de exposicións da Casa Mariñeira acollerá os días 21 e 22 de marzo a IV edición da Mostra da Camelia.
A inauguración da mesma está prevista para o propio sábado, día 21, ás 12.00 horas. O horario de visita será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas.
A iniciativa, posta en marcha co apoio da concellaría de Turismo, foi impulsada por José Ramón Teixeira e Marisol Cameán, dous afeccionados ao cultivo da camelia que promoveron a organización da mostra e fomentaron a participación da veciñanza na mesma.
Este ano propúxose, ademais, que forme parte tamén o alumnado do CEP Pilar Maestú Sierra mediante a realización de fotografías das diferentes variedades de camelia.
A mostra ten carácter colaborativo e está aberta á participación de todas aquelas persoas que desexen achegar as súas flores, independentemente da cantidade e o tamaño. Co fin de facilitar a organización do evento, será necesario inscribirse previamente a través do teléfono de Turismo no 671 090 262 ou 687 482 835.



