HomeA CoruñaExposición Demetrio Bermo

Exposición Demetrio Bermo

- Anuncio -spot_img

Con máis de 70 anos de traxectoria como deseñador, ebanista e tallista, Demetrio Bermo é autor de numerosas obras sacras e de mobiliario artístico que o sitúan como unha figura destacada da artesanía galega.

Entre as súas creacións máis recoñecidas atópanse retablos como o dedicado a Santa Rita na igrexa do Caramiñal, o da Virxe da Mercé na capela de Postmarcos ou o peto esmoleiro dedicado a San Roque que doou ao Museo Valle-Inclán.

A exposición permitirá ao público achegarse a unha selección das súas tallas e pinturas, nas que se reflicte a precisión artística que o caracteriza.

Asistiron o alcalde, Jose Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo.

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acolleu onte a inauguración da exposición de tallas e pinturas do veciño da Pobra do Caramiñal Demetrio Bermo, un dos referentes da artesanía galega contemporánea. O acto contou tamén cunha actuación musical a cargo de Glauka e Tato, que se encargarán de amenizar esta apertura.

Con máis de 70 anos de traxectoria como deseñador, ebanista e tallista, Demetrio Bermo é autor de numerosas obras sacras e de mobiliario artístico que o sitúan como unha figura destacada da artesanía galega. 

Entre as súas creacións máis recoñecidas atópanse retablos como o dedicado a Santa Rita na igrexa do Caramiñal, o da Virxe da Mercé na capela de Postmarcos ou o peto esmoleiro dedicado a San Roque que doou ao Museo Valle-Inclán.

A exposición permitirá ao público achegarse a unha selección das súas tallas e pinturas, nas que se reflicte a precisión artística que o caracteriza.

Asistiron o alcalde, Jose Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo.

Publicacións Relacionadas