HomeDeputaciónsDeputación LugoA Presidenta pon en valor o espazo Permacultural do Lugar de Reque...

A Presidenta pon en valor o espazo Permacultural do Lugar de Reque no Rato

- Anuncio -spot_img

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, visitou o Espazo Permacultural do Lugar de Reque situado xunto ao río Rato no marco da rolda de encontros que nas últimas semanas mantivo cos diferentes servizos da institución provincial, co obxectivo de coñecer de primeira man o seu funcionamento, os proxectos en marcha e as súas principais necesidades.

A mandataria provincial puxo en valor o labor destas dependencias, que teñen por obxectivo a revitalización dun espazo público nesta contorna natural na capital lucense, promovendo un uso sostible e participativo do entorno. A actividade en Reque céntrase na permacultura e ofrece accións formativas e lúdicas relacionadas coa sustentabilidade, o coidado e manexo da terra, a bioconstrución, a economía social ou a cestería, entre outras, ademais de fomentar valores baseados no ben común, a autosuficiencia e a responsabilidade ambiental.

Con esta visita, Carmela López completa o percorrido por todos os servizos da Deputación de Lugo, coñecendo de primeira man o labor e as iniciativas que a institución impulsa en cada área.

Publicacións Relacionadas