HomePontevedraO alcalde e a concelleira de Igualdade fan entrega do recoñecemento “María...

O alcalde e a concelleira de Igualdade fan entrega do recoñecemento “María a das Mil Flores” a Estrella Cortegoso

- Anuncio -spot_img
  • A emoción, a vitalidade, a sororidade e o feminismo déronse cita na pasada noite no Multiúsos de Arcade coa entrega do recoñecemento “María a das Mil Flores” a Estrella Cortegoso,  a primeira mariñeira a flote da Confraría de Arcade.
  • Un acto onde tamén puidemos ver un documental de Estrella, onde coñecemos máis sobre a súa vida e a súa relación co mar, e, desfrutar do directo do Orfeón do Berbés.  

O alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, entregaron na pasada noite, nun ateigado Multiúsos, o recoñecemento “María a das Mil Flores” a Estrella Cortegono, a primeira mariñeira a flote da Confraría de Arcade.

Nun evento englobado dentro da programación do 8M que este ano, baixo o lema Herdeiras do Sal, centra o seu foco na  visibilización e recoñecemento  da figura da muller no mar.  

O evento comezou coa proxección dun fermoso documental feito polo veciño de Soutomaior, Breikus, onde puidemos coñecer máis sobre a relación do mar con Estrella, os seus comezos no barco e máis dunha anécdota ao longo de todos os anos de intenso e duro traballo.

Trala proxección do documental chegou o momento máis emotivo onde Manu Lourenzo e Rosana Martínez Boullosa fixeron entrega do recoñecemento “María a das Mil Flores” a Estrella Cortegoso. Un recoñecemento que foi aprobado por maioría no Consello Municipal Feminista de Soutomaior conformado polas asociacións con mulleres do concello e polos tres partidos políticos con representación na corporación.

Estrella Cortegoso viu entre o público moitas caras coñecidas xa que foron moitas e moitos os veciños que quixeron amosar o seu agararimo a Estrella Cortegoso, unha muller moi querida e moi activa no eido e actividades culturais da zona.  

Trala entrega do premio e tralos agradecementos por parte de Estrella tivo lugar a actuación do Orfeón do Berbés que foi quen de poñer a canta e, incluso a bailar, a un ateigado Multiúsos de Arcade.

Ao remate do acto houbo tempo para abrazos e fermosas palabras de agradecemento a Estrella Cortegoso. , unha muller que estará sempre presente na vida do mar da Confraría de Arcade.

Publicacións Relacionadas