Cun prazo de execución de 8 meses, prevén a instalación case 1,5 km de novas tubaxes entre o campo de fútbol e o núcleo do Burgo
O Concello de Ourense iniciou as obras de ampliación e mellora das redes de saneamento en Palmés, desde o campo de fútbol até o núcleo do Burgo. O proxecto, cun orzamento de licitación de 640.862,44 euros e un prazo de execución de 8 meses, prevé a instalación de 1.460 metros de nova tubaxe de saneamento en catro ramais diferentes.
Esta actuación enmárcase no acordo acadado polo Concello con Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U., polo que a empresa que presta o servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais executará un total de 9 actuacións de mellora no servizo da rede en diferentes zonas do municipio, cun investimento de 1.965.559,90 €, iniciando a súa execución este ano.
Datos principais da obra
- Empresa adxudicataria: VIAQUA, GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, S.A.U.
- Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde: Rey Campos Ingenieros, S.L.
- Orzamento de licitación:862,44 €
- Inicio de obra:03.2026
- Prazo de execución: 8 meses



