HomeBaixo MiñoA GuardaA OMIX da Guarda presenta a súa axenda para esta primavera/verán chea...

A OMIX da Guarda presenta a súa axenda para esta primavera/verán chea de actividades

- Anuncio -spot_img
  • Realizaranse ata 9 obradoiros gratuítos de música, zumba, cerámica, ganchillo…

A OMIX do Concello da Guarda presenta para esta primavera-verán unha axenda repleta de actividades.

En abril arranca a programación de TARDEO, uns obradoiros que se organizan en colaboracións coas asociacións da Guarda. Estes xúntanse cos obradoiros organizados pola OMIX para ter un abril e maio con actividades gratuítas todas as semanas.

Os guardeses e guardesas poderán elaborar pezas de barro, de ganchillo, un ramo seco, boliñas de sementes, unha cúpula de flores secas…e tamén haberá obradoiros de cianotipia, unha clase de zumba e tamén un obradoiro de percusión.

Toda esta oferta de obradoiros busca dar diferentes opcións de ocio na Guarda, con actividades relacionadas co traballo manual, a música e a natureza; e coa posibilidade de descubrir novo “hobbies”.

A OMIX tamén desenvolve actividades para a infancia. Nas épocas de vacacións escolares poranse en marcha campamentos para a conciliación familiar, tanto en Semana Santa como no verán. Antes do remate do curso, todo o alumnado de infantil e primaria desfrutará dunha nova edición da Festa Miudiña.

Ademais, durante o ano estanse desenvolvendo actividades como o obradoiro de teatro en colaboración con FOCO; o programa Eu Saudablemente, e a posta en marcha da Rede Xove.

A apertura de inscricións e máis información das actividades irase avisando a través da web e redes do Concello. Ademais, hai dispoñibles axendas físicas na OMIX da Guarda para ter a man todas as datas das próximas actividades.

Publicacións Relacionadas