HomePontevedraO concello solicita á Xunta que solucione o colapso da sanidade pública...

O concello solicita á Xunta que solucione o colapso da sanidade pública en Soutomaior

- Anuncio -spot_img
  • Soutomaior está a vivir unha situación alarmante ante a falta de médicos que está provocando cancelacións de citas e listas de agarda inadmisibles.
  • O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, solicita que se desbloquee a situación do novo centro de saúde.

A situación sanitaria, trala xubilación dunha das facultativas do centro de saúde de Arcade é insostible. Unha situación que pode provocar quede soamente un facultativo para atender a toda a poboación do concello de Soutomaior.

Un centro de saúde de Arcade onde cada facultativo xa tiña que atender a unha media de 80 persoas o que traía con sigo listas de agarda inadmisibles.

O alcalde de Soutomaior dixo nesta xornada que “as baixas que non se cobren están provocando un colapso do sistema sanitario do concello” trátase, segundo dixo o alcalde, “ de compromisos incumpridos sistematicamente por parte da consellería de sanidade” ao que o alcalde engadiu que “en Soutomaior coñecemos as consecuencias de falta de facultativos e por iso demandamos que a Xunta de Galicia non discrimine á veciñanza de Soutomaior, unha veciñanza que merece unha sanidade pública de calidade”. O alcalde de Soutomaior sinalou que “é alarmante a situación actual, unha situación que xa fixo que no seu momento levase a cabo diferentes mobilizacións e que, se na actualidade se ven na obriga non descartan volver ás mobilizacións polos incumprimentos sistemáticos da consellería de Sanidade co concello de Soutomaior”.

NOVO CENTRO DE SAÚDE

En relación ao novo centro de saúde de Soutomaior, o alcalde, lembrou hoxe que cando chegaron ao Goberno estaban todos os deberes sen facer e dende que chegaron puxéronse a traballar conseguindo en tempo récord por a disposición da Xunta de Galicia os terreos para o novo e necesario centro de saúde do concello.

Tal e como lembrou hoxe o alcalde, “dende a entrega dos terreos para o novo centro de saúde á Xunta de Galicia o concello non tivo resposta en relación a esta importante e necesaria infraestrutura para o concello, solicitamos que a consellería realice canto antes a aposta por este centro para que a veciñanza conte canto antes coa sanidade pública que merece”.

Lourenzo tamén dixo nesta xornada que “dende o Goberno Local non aforraremos esforzos en facer que este centro de saúde sexa unha realidade canto antes”.

En relación a estes dous temas, o alcalde, Manu Lourenzo, mandou esta mañá unha solicitude de reunión ao conselleiro de Sanidade para coñecer e afondar na situación da sanidade pública no concello de Soutomaior.

Publicacións Relacionadas