HomeA CoruñaAberto o tráfico da avenida Francisca Herrera

Aberto o tráfico da avenida Francisca Herrera

- Anuncio -spot_img

A Avenida Francisca Herrera, en Santa María de Oleiros, ábrese ao tráfico despois de varios días pechada pola primeira fase das obras de mellora na rede de abastecemento de auga.

O segundo tramo desta actuación, que se executará de inmediato, irá ata a zona de Pezoca. As obras realizaranse no carril dereito, sentido Coruña, por tramos. Isto implica que será posible circular, pero que o tráfico estará regulado por semáforos provisionais ou de sinalización.

Os accesos a viais e vivendas quedarán garantidos en todo momento. A parada de autobús desta zona verase desprazada, minimamente, no momento que se estea a traballar xusto nese punto.

Vaise manter a sinalización actual de desvíos de tráfico pola Avenida Miguel Hernández, en sentido Sada- Coruña, e pola AC-527 (no desvío da glorieta das olas) para a circulación cara Sada. Recoméndanse estas rutas alternativas xa que teñen un maior fluidez para o tráfico.

Publicacións Relacionadas