HomeA CoruñaO Concello e Agapema celebran a 19ª edición da Feira Matemática

O Concello e Agapema celebran a 19ª edición da Feira Matemática

- Anuncio -spot_img

O encontro educativo, que este ano centrarase na intelixencia artificial, desenvolverase en Palexco o sábado 14 de marzo

A Feira Matemática, que este ano chega a súa 19ª edición, abordará como temática principal a intelixencia artificial e o pensamento computacional. A feira, organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) en colaboración con Concello da Coruña, terá lugar o sábado, 14 de marzo, no hall do Palexco e desenvolverase de 11.00 a 20.00 horas.

Serán 400 as personas participantes na actividade, xa que son 314 os alumnos inscritos, aos que se suman 86 profesores, sen contar cos diferentes voluntarios que se suman a actividade, que contará con aproximadamente 1.500 asistentes ao longo do día.

A relación de inscritos está conformada por oito centros educativos, de Formación Profesional, Secundaria e Primaria; ademáis da Escola Técnica Superior de Naútica e Maquinas o Instituto Galego de Estatisca, a Xefatura Provincial de Tráfico, a Federación Provincial de Anpas e Protección Civil da Coruña, entre outras entidades.

Divulgar e profundar no ensino e aprendizaxe das matemáticas é un dos principais obxectivos da Feira. O Servizo Municipal de Educación colabora nestas xornadas organizadas po Agapema e dedicadas a todas as etapas do ensino, para que cada centro, profesorado e alumnado poida expoñer e presentar as propostas didácticas que considere.
“Na Coruña temos un dos maiores encontros educativos e matemáticos de Galicia, no que o alumnado pode aprender e divertirse da man do seu profesorado. Trátase de incentivar o pensamento lóxico e o conocemento entre a mocidade mantendo sempre un espíritu lúdico e atractivo”, subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica Juan Ignacio Borrego, quen destacou tamén a liña marcada pola alcaldesa, Inés Rey, de apostar polos programas educativos e pola formación para afondar na igualdade de oportunidades e na difusión da cultura.

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das matemáticas e está dirixida ás alumnas e alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, así como ao profesorado e ao público en xeral. Cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos, poden expoñer unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas. Haberá tamén exposicións, concursos de fotografía matemática, de monólogos e de esopías, xogos, exhibicións, etc.

Cada centro ou entidade participante disporá dun posto para mostrar experiencias de aula, xogos, exposicións, puzzles e todo tipo de actividades relacionadas coas matemáticas. En cada un dos postos os visitantes poden realizar actividades relacionadas coas matemáticas, que seranlles explicadas polos estudantes encargados dese posto.
“Pensamento computacional e a intelixencia artificial” é tamén o lema do Día Escolar das Matemáticas neste curso escolar 2025/2026, co que se pretende achegar as claves principais para que o alumnado de todas as etapas do ensino poidan usar diferentes formas de pensar e desta maneira aprender matemáticas con máis sentido e de maneira máis significativa, xa que aprender matemáticas é moito máis que facer operación e trátase dunha forma de mirar o mundo, de pensar con lóxica e de buscar solución, tal como se plantexa na feira.

Neste sentido, os participantes nas actividades do certame incidirán en como o pensamento computacional ensina a organizar ideas, dividir problemas difíciles en partes máis sinxelas, buscar patróns e crear algoritmos como pasos ordenador para resolver un problema. Tamén teñen que utilizar a intelixencia artificial como elemento para pensar cómo aprenden as máquinas, toman decisión e melloran coa experiencia, pero sempre entendendo primeiro que hai que saber como pensa unha persoa ao resolver un problema.

Desde deste contexto, o alumando participante exporá nos diferentes stands habilitados na feira as súas propostas didácticas desenvoltas xunto o seu profesorado, existiendo tres diferentes concursos abertos tanto aos estudantes como aos profesores.

Publicacións Relacionadas