Alternativa volveu a deixar clara a súa política de desbloqueo co seu voto a favor dos recoñecementos extraxudiciais de crédito por valor de 67.000 euros destinados ao pago de facturas atrasadas que contan con informes negativos de intervención, circunstancia que obriga a tramitar o pagamento por esta vía.
O grupo rexitou á incoherencia do resto de grupos da oposición forzando a realización do pleno extraordinario de onte: para a aprobación de 67.000 euros en facturas houbo que gastar 9.000 euros das arcas municipais en custes de dietas de asistencia aos membros da corporación.
Durante o debate, Alternativa sinalou a súa disconformidade con este tipo de expedientes, que non poden ser a fórmula habitual para o pago de facturas, tamén o “malfacer” do goberno local ao presentar os expedientes de pago no último momento. Con todo, subliñou que a prioridade actual de toda a corporación debería ser a de avanzar no desbloqueo administrativo do Concello, sendo o pagamento de factutas un dos elementos clave para conseguilo.
Raúl Varela matiza que “ todos os grupos municipais falan de desbloqueo nos seus discursos, con solucións máxicas nos plenos, pero o que sirven son os feitos non as palabras. ”



