HomeOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (6). Concedeu as licenzas para a execución de 2 edificios para vivendas, local comercial e garaxes, con rehabilitación de fachadas, na rúa do Paseo e Cardenal Quiroga; a construción dunha vivenda unifamiliar no Lagar, o remate das obras dunha vivenda unifamiliar na rúa Pena do Vao, a adaptación de senllos baixos para vivendas na rúa das Lagoas e na rúa Nova.  Tamén declarou que non é precisa a autorización do Concello para desvincular o trasteiro dunha vivenda na rúa Valle Inclán.

Disciplina (1). Declarou en situación de ruína, a causa do seu mal estado, e acordou a demolición dun inmoble na rúa Tras do Pazo.

Patrimonio (3). Declarou a desistencia dunha reclamacións de responsabilidade patrimonial e inadmitiu outra. Tamén acordou requirir unha compañía de seguros para que indemnice o Concello polos danos causados por un vehículo nun farol na rúa Tras Alameda.

Xestión urbanística (2). Aprobou inicialmente o proxecto de delimitacion do polígono UR 1b da zona 2 do SU-32 do Plan Xeral de Ordenación Municipal e os estatutos e as bases de actuación para a xestión urbanística do dito polígono.

Infraestruturas (1). Autorizou o inicio de procedemento para a modificacion do contrato das obras do proxecto construtivo de “Acondicionamento e mellora dos espazos urbanos na rúa Alejandro Pedrosa”.

Xuventude (1). Aprobou as bases para participar na celebración do Día Internacional da Danza 2026 do Concello de Ourense.

Avogacía consistorial (7). Deu conta dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e doutra do Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo Praza número 2 de Ourense. A Xunta de Goberno tamén foi informada de que o Concello comparecerá en 5 procedementos xudiciais ante os tribunais de instancia sección de instrución prazas número 1 e 2 de Ourense, e número 1 de Vigo.

Publicacións Relacionadas