HomePontevedraO concello avanza na delimitación dos lindes de Miliario de Vilar cun...

O concello avanza na delimitación dos lindes de Miliario de Vilar cun estudo técnico independente

- Anuncio -spot_img

– Os Concellos de Redondela e Mos contratarán un topógrafo independente para fixar os límites de ambos municipios. Para a elaboración do informe basearase na Acta de Deslinde de 1940. O documento plasmará de forma obxectiva os lindes entre Redondela e Mos na zona do Miliario, un elemento patrimonial de gran valor histórico, territorial e identificativo.

– A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosouse satisfeita de poder avanzar neste sentido. O conflicto remóntase ao ano 2017 “e por primeira vez chegamos a un acordo para darlle una solución xusta e definitiva”. A rexedora afirmou que desde o Concello de Redondela vanse defender “os intereses dos veciños e da Comunidade de Montes de Vilar”.

O Concello de Redondela convocou unha xuntanza da comisión de seguimento constituída para resolver a situación do Miliario de Vilar. A xuntanza celebrouse este mediodía ao pé do propio miliario, nun encontro que marca “un paso adiante” para a resolución do conflito territorial. Á xuntanza asistiron as alcaldesas de Redondela e Mos, Digna Rivas e Nidia Arévalo, técnicos municipais de ambos os dous Concellos, representantes das comunidades de montes afectadas e das corporacións municipais.

O acordo principal acadado é a contratación, de mutuo acordo por parte dos dous Conellos, dun técnico independente. Este profesional será o encargado de realizar un levantamento topográfico preciso, partindo dos lindes recollidos no documento histórico de 1940 “Acta de Deslinde del Instituto Geográfico y Catastral”. O obxectivo é plasmar de forma obxectiva os lindes entre Redondela e Mos na zona do Miliario de Vilar, un elemento patrimonial de gran valor histórico, territorial e identificativo. Unha vez finalizado o estudo, – para o que se estableceu un prazo de tres meses -, convocarase unha nova xuntanza. Nela, a comisión traballará para unificar as propostas das comunidades de montes de Vilar e Guizán, baseándose nos datos técnicos obtidos.

As alcaldesas destacaron a vontade de diálogo e o traballo conxunto para solucionar este tema, buscando unha solución técnica, xusta e definitiva para todas as partes implicadas. Digna Rivas, amosouse satisfeita de poder avanzar neste sentido. O conflito remóntase ao ano 2017, cando o Concello de Mos plasmou no seu PXOM o Miliario como parte de la parroquia de Guizán. A rexedora sinala que “é unha boa nova que por por primeira vez cheguemos a un acordo para darlle una solución xusta e definitiva” a este conflito. Rivas afirma que desde o Concello de Redondela vanse defender “os intereses da parroquia de Vilar, tal e como levan reclamando os veciños e veciñas desde hai anos”.

Publicacións Relacionadas