HomeXunta de GaliciaA Xunta mantén unha reunión de traballo coa xerente do Galp Costa...

A Xunta mantén unha reunión de traballo coa xerente do Galp Costa Sostible para facer balance dos proxectos de 2025 e analizar as propostas presentadas este ano

- Anuncio -spot_img

-O ámbito territorial deste GALP Costa Sostible abrangue os concellos de Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muros, Noia, Outes, Porto do Son

-Na convocatoria de 2025 esta entidade aprobou 14 proxectos cun importe de axudas concedidas de máis de 1,3 millón de euros e cun volume total de investimento que supera os 1,5 millóns de euros

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto coa directora territorial da Consellería do Mar, María José Cancelo, mantiveron unha reunión de traballo co xerente do mantivo unha reunión de traballo coa xerente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Seo Fisterra-Ría Muros-Noia (Costa Sostible) Manuela Oviedo, na que analizaron a situación actual do grupo e fixeron balance das últimas convocatorias de axudas destinadas ao desenvolvemento local e ao sector pesqueiro.

O GALP Seo Fisterra-Ría Muros Noia (Costa Sostible) abrangue 9 concellos das comarcas de Costa da Morte e Barbanza: Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, e está integrado por un total de 41 entidades socias, das cales o 36,58% representa o sector social; o 26,82%, o sector pesqueiro; o 22,5%, o sector público; e o 14,63%, o sector económico. A entidade conta ademais con 18 entidades vocais, nas que están representados pósitos locais, colectivos de redeiras, empresarios e comerciantes, entidades veciñais, culturais e deportivas, así como concellos.

No encontro realizouse tamén balance da convocatoria de axudas aprobada no ano 2025 para proxectos vinculados ao desenvolvemento local e ao sector pesqueiro, cofinanciada pola Consellería do Mar e polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Concretamente, o ano pasado esta entidade apoio nestes municipios para 14 proxectos cun importe de axudas de máis de 1,3 millóns de euros e movilizaron un investimento total de máis de 1,6 millóns de euros. A maioría destas iniciativas foron presentadas por confrarías de pescadores como as de Corcubión, Fisterra, Muros, Noia, Porto do Son ou Lira, ademais tamén contan con proxectos aprobados concellos, asociacións e empresas da contorna.

Novas convocatorias de axudas
Belén do Campo informou ademais de que a Xunta, a través da Consellería do Mar, xa pechou o prazo para solicitar as axudas deste ano para proxectos ao abeiro das Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos GALP, dotada cun total de 6,9 millóns de euros. Trátase de apoios de carácter plurianual, cofinanciados pola Consellería do Mar e polo FEMPA, dirixidos aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que concorran de maneira individual ou conxunta. A través de este Galp presentáronse 19 propostas para esta nova convocatoria.

Esta orde corresponde coa cuarta edición e son achegas que contribúen a promover unha economía azul sostible nas zonas costeiras, fomentando o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas, a mellora das condicións laborais, a creación de emprego, o impulso da innovación, así como a valorización do patrimonio cultural e medioambiental.

Publicacións Relacionadas