A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a rúa Paseo Fluvial de Oira estará pechada ao tráfico desde o luns, 16 de marzo, fronte á fachada do establecemento de hostalaría “Oira Praia”, pola execución de obras. O tráfico desviarase pola zona de estacionamentos contigua ao local. A Policía Local solicita a condutores e peóns que tomen as precaucións necesarias e sigan as indicacións de sinalización da zona.



