HomeOurenseOurenseO Concello celebrará o Día da Danza cunha mostra de agrupacións locais...

O Concello celebrará o Día da Danza cunha mostra de agrupacións locais de baile en 5 espazos da cidade

- Anuncio -spot_img

O prazo de presentación de propostas estará aberto do 16 ao 30 de marzo

O Concello de Ourense celebrará este ano o Día Internacional da Danza cunha mostra na que bailaríns e bailarinas da cidade amosarán o seu talento ao público ourensán, con exhibicións en diferentes prazas.

A mostra ten como obxecto facilitar unha oportunidade de exhibición ás agrupacións, academias, escolas e compañías de baile de Ourense, coa finalidade de poñer en valor o seu traballo nas diferentes disciplinas e achegar á cidadanía esta forma de expresión artística.

O prazo de presentación de propostas será do 16 ao 30 de marzo (ambos incluídos) a través do Rexistro Xeral ou da Sede Electrónica do Concello de Ourense.

As propostas coreográficas serán de temática libre, abranguendo estilos clásicos, contemporáneos, modernos, jazz, folclore, street dance, k-pop, danza árabe, danza espectáculo, performance, danza urbana e outros estilos. A celebración desenvolverase no Parque de San Lázaro, os Xardíns do Padre Feijóo, o Eironciño dos Cabaleiros, a Praza de San Martiño e a Praza Maior.

Con esta iniciativa da Concellería de Xuventude, o Concello quere celebrar a riqueza de Ourense nesta modaldiade de expresión artística, e poñer en valor o labor das agrupacións, academias e escolas locais como ferramenta de relación social para a mocidade.

Publicacións Relacionadas