HomeXunta de GaliciaPreto de 1.000 alumnos de 54 centros de ensino de toda Galicia...

Preto de 1.000 alumnos de 54 centros de ensino de toda Galicia mellorarán as súas competencias en inglés nos campamentos Spring Week da Xunta

- Anuncio -spot_img
  • A Consellería de Educación vén de publicar a relación de colexios e institutos seleccionados nesta iniciativa, que é totalmente gratuíta para as familias
  • A actividade, na que participan alumnos entre 5º de Primaria e 2º de ESO, desenvolverase en quendas semanais entre o 22 de marzo e o 23 de maio
  • Enmárcase na aposta do Goberno galego polo impulso das competencias en linguas estranxeiras do alumnado, eido no que Galicia é lider en España

Preto de 1.000 alumnos de 54 centros escolares de toda Galicia mellorarán este curso as súas competencias en inglés nos campamentos Spring Week impulsados pola Xunta cun investimento de preto de medio millón de euros. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar a relación de colexios e institutos seleccionados nesta iniciativa, que é totalmente gratuíta para as familias.

A actividade, na que participan alumnos entre 5º de Primaria e 2º de ESO, desenvolverase en seis quendas semanais entre o 22 de marzo e o 23 de maio. Consiste nunha estadía na que os rapaces conviven nunha contorna de inmersión lingüística, practicando inglés en situacións reais con profesorado nativo e que se realiza no Centro Residencial dos Peares.

Estes campamentos combinan actividades académicas e lúdicas, que que favorecen a convivencia e a motivación dos estudantes para comunicarse en inglés. Deste xeito, ademais de recibir clases, os estudantes participan en obradoiros e actividades de lecer que favorecer a cooperación, a interacción social e o achegamento á cultura anglosaxoa. 

Ademais, de xeito transversal, promóvese a educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna, segundo se recolle nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

O programa de campamentos Spring Week enmárcase na aposta do Goberno galego polo impulso das competencias en linguas estranxeiras do alumnado. Cómpre lembrar que Galicia vén de consolidarse, por segundo ano consecutivo, como a comunidade con maior nivel de inglés de España segundo o informe anual de Education First (EF).

Cunha puntuación de 563 puntos, 23 máis que a media de España e 73 máis que a media global, Galicia sitúase na táboa de dominio alto da lingua inglesa no contexto mundial, mentres que o conxunto de España queda na de manexo moderado da mesma.

A relación de centros seleccionados por quendas é a recollida na seguinte táboa:

ConcelloNome do centroNúmero de  alumnado Quenda 
Provincia da Coruña
LaxeCPI Plurilingüe Cabo da Area21ª quenda 
DodroCPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón241ª quenda 
BriónIES Brión251ª quenda 
As Pontes de García RodríguezIES Plurilingüe Castro da Uz181ª quenda 
Santiago de CompostelaIES Lamas de Abade251ª quenda 
TrazoCPI de Viaño Pequeno162ª quenda 
CambreIES Afonso X O Sabio252ª quenda 
Santa CombaIES Terra de Xallas253ª quenda 
Porto do SonIES de Porto do Son253ª quenda 
MurosIES Plurilingüe Fontexería193ª quenda 
A CoruñaIES A Sardiñeira253ª quenda 
CedeiraCEIP Nicolás del Río224ª quenda 
OutesCEIP Plurilingüe de Outes254ª quenda 
OrosoCEIP Plurilingüe do Camiño Inglés256ª quenda 
A CoruñaCEIP Plurilingüe Concepción Arenal255ª quenda 
CambreCEIP Portofaro255ª quenda 
Santiago de CompostelaCEIP Plurilingüe de Vite206ª quenda 
BoiroCEIP Plurilingüe de Abanqueiro166ª quenda 
BoiroCEIP Plurilingüe Santa María do Castro116ª quenda 
FerrolCEIP Plurilingüe A Laxe56ª quenda 
FeneCEIP Plurilingüe Os Casais86ª quenda 
RibeiraCEIP Plurilingüe de Artes75ª quenda 
MazaricosCPI Plurilingüe da Picota196ª quenda 
Provincia de Lugo
BarallaCPI Luís Díaz Moreno131ª quenda 
A FonsagradaIES Plurilingüe Fontem Albei131ª quenda 
BurelaIES Monte Castelo252ª quenda 
BurelaIES Perdouro252ª quenda 
VilalbaIES Santiago Basanta Silva133ª quenda 
BaleiraCEIP Plurilingüe Concepción López Rey94ª quenda 
MondoñedoCEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora224ª quenda 
LugoCEIP Plurilingüe de Nadela106ª quenda 
Provincia de Ourense
RibadaviaIES O Ribeiro252ª quenda 
OurenseIES Universidade Laboral253ª quenda 
OurenseIES Ramón Otero Pedrayo253ª quenda 
Os BlancosCEIP Plurilingüe dos Blancos55ª quenda 
A Pobra de TrivesCEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso84ª quenda 
O Barco de ValdeorrasCEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas255ª quenda 
A PeroxaCEIP Roberto Blanco Torres65ª quenda 
Provincia de Pontevedra
VigoIES de Teis201ª quenda 
CangasIES de Rodeira221ª quenda 
MeisCPI de Mosteiro-Meis232ª quenda 
LalínIES Laxeiro252ª quenda 
O PorriñoIES Ribeira do Louro183ª quenda 
SilledaCEIP Plurilingüe de Silleda254ª quenda 
BaionaCPI de Cova Terreña255ª quenda 
Vilagarcía de ArousaCEIP Plurilingüe Rosalía de Castro235ª quenda 
RedondelaCEIP Plurilingüe de Reboreda244ª quenda 
TuiCEIP Plurilingüe Nº 1235ª quenda 
TomiñoCEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán256ª quenda 
CambadosCEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro156ª quenda 
PonteareasCEIP Plurilingüe de Santiago de Oliveira104ª quenda 
SanxenxoCEIP Plurilingüe Nantes104ª quenda 
A EstradaCEIP Manuel Villar Paramá95ª quenda 
Fornelos de MontesCEIP Doutor Suárez84ª quenda 

Publicacións Relacionadas