HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación de Ourense mellorará a seguridade viaria da contorna do BIC...

A Deputación de Ourense mellorará a seguridade viaria da contorna do BIC de Vilanova dos Infantes

- Anuncio -spot_img

A institución provincial comeza a primeira fase das obras de humanización da OU-0251, o seu paso por este referente patrimonial da provincia

As obras, cun investimento de 130.000 euros, teñen un prazo de execución de catro meses

A Deputación reafirma así a súa aposta a prol dunha mobilidade segura nas estradas provinciais, así como a posta en valor da riqueza patrimonial e cultural do territorio

A Deputación de Ourense mellorará a seguridade viaria da contorna de Vilanova dos Infantes, núcleo recoñecido como Ben de Interese Cultural, co inicio da primeira fase das obras de humanización da OU-0251 o seu paso por este referente patrimonial da provincia, contribuíndo a poñer en valor e protexer a riqueza histórica e arquitectónica desta singular contorna.

Con esta actuación increméntase tamén a seguridade viaria e a calidade de vida dos residentes, a través da redución da velocidade dos vehículos e a creación dun espazo onde a convivencia entre o tráfico rodado e os peón sexa máis segura.

A Deputación reafirma así a súa aposta a prol dunha mobilidade segura nas estradas provinciais, así como a posta en valor da riqueza patrimonial e cultural do territorio.

A execución desta primeira fase do proxecto xa está adxudicada por 130.000 euros e terá que ser executada nun prazo máximo de catro meses. Ditas actuacións contemplan a implantación de elementos físicos redutores de velocidade, xunto cunha coidada integración paisaxística. Así mesmo, empregaranse materiais acordes á identidade do núcleo histórico, instalando pavimentos e beirarrúas de pedra de granito e lastros.

Ademais da mellora en superficie, aproveitarase a actuación para modernizar as infraestruturas subterráneas e procederase á canalización soterrada das redes de pluviais, baixa tensión, iluminación pública e telecomunicacións.

Publicacións Relacionadas