O equipo do IES Salvaterra de Miño vén de acadar un destacado éxito ao proclamarse gañador da III Olimpíada Europea de Galicia, organizada por Equipo Europa. O grupo, formado por alumnado do centro, destacou polo seu compromiso, preparación e capacidade de traballo en equipo, superando ao resto de participantes nesta edición do certame. Grazas a este logro, representarán a Galicia na final nacional que terá lugar en Granada, onde competirán con equipos de todo o Estado.
Este recoñecemento supón un importante fito tanto para o propio alumnado como para o conxunto da comunidade educativa do IES Salvaterra de Miño, poñendo en valor o esforzo, a dedicación e o interese pola construción europea das novas xeracións.
Pola súa banda, o Concello de Salvaterra de Miño quere felicitar ao equipo gañador, así como ao profesorado e ao centro educativo polo seu excelente labor e deséxalles moita sorte na final nacional en Granada, onde seguro deixarán o nome de Salvaterra de Miño e de Galicia no máis alto.



