HomeO MorrazoMarínJose Antonio Pedrosa será o Artista Marinense do Ano 2026

Jose Antonio Pedrosa será o Artista Marinense do Ano 2026

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa e o sacerdote, que compaxinou a paixón pola arte coa vocación relixiosa, reuníronse onte o Museo para pechar os preparativos da exposición, que será en maio

Jose Antonio Pedrosa será o Artista Marinense do Ano 2026, continuando unha longa e preciosa tradición coa que se quere impulsar desde a vila a aqueles que levan traballando nunha traxectoria artística digna de mención e de recoñecemento e que fai que Marín sexa un pobo de artistas.

O sacerdote, que foi párroco en San Xulián durante moitos anos, mantivo unha reunión onte no Museo Torres coa alcaldesa, María Ramallo, para pechar os detalles da exposición, que se poderá visitar ao longo do mes de maio. Pedrosa, ao que a vocación relixiosa lle chegou moito máis tarda ca da pintura, ingresou en 1958 na Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, onde se formou como artista. Desde entón, a súa vida foi levándoo coa súa arte ata sitios de todo o mundo.

Galicia nunha pintura espallada por medio mundo

Sevilla, A Coruña, Brasil, Holanda, Francia, Canadá, Estados Unidos, Marín, Vigo, Barcelona, Alicante, Pontevedra, Córdoba, Valencia, Ourense, A Coruña, Toledo, Talavera de la Reina, Vitoria, Bilbao, San Sebastián e París conforman a cartografía artística dun pintor que retrata Galicia e as súas personaxes cun estilo único e persoal.

Unha pintura ancestralmente galega, na que predomina o figurativismo elemental, cun marcado carácter costumbrista e luminoso, sen caer no artificio e cun gran dominio das texturas e da expresividade.

A alcaldesa declarou que é “unha honra facerlle esta homenaxe a un home moi querido na nosa vila e que leva demostrando que tras os seus pinceles existe unha Galicia inmortal, un apego á nosa terra e unha técnica envexable”.

A exposición, que estará comisariada polo pintor marinense Antón Sobral, poderá verse no Museo a partir do mes de maio.

Publicacións Relacionadas