HomeO MorrazoMarínO III Festival Cine do Mar pecha o prazo de inscricións e...

O III Festival Cine do Mar pecha o prazo de inscricións e adianta os fitos desta edición

- Anuncio -spot_img

O Museo do Mar de Marín vén de anunciar o peche do prazo de inscrición para o III Festival Cine do Mar, que se celebrará en Marín do 20 ao 26 de abril.
Unha vez pasado o 15 de marzo, data límite do prazo de inscrición, desde a organización mostran a súa satisfacción coa participación acadada, que consolida o carácter internacional do festival: chegaron máis de 300 filmes de todo o mundo, sumando os da categoría de ficción e documental.
Hai unha gran representación de obras de nacionalidade española e de diferentes países iberoamericanos, incluíndo Brasil e Portugal. Tamén hai unha boa representación dos países europeos e algunhas obras de países asiáticos. En torno ao 5% son de produción galega, que terán boa representación no festival, xa que un dos seus obxectivos é apoiar a divulgar o audiovisual galego.
Por outra banda, desde a organización do festival queren adiantar os fitos desta edición. Anuncian
que a inauguración terá lugar no Auditorio de Marín, coa proxección de Rondallas e a concesión do premio honorífico Luz de Faro a Carlos Blanco. O filme de clausura será San Simón, e o domingo 26 o festival rematará coa visita á propia Illa de San Simón.
Nesta edición tamén haberá un showcooking, que tanto éxito tivo o ano pasado, coa participación do chef Marcos S. Area, do Restaurante É.
E como novidade deste ano, haberá unha xornada adicada aos escolares, coa participación dos colexios de Marín e bisbarra, con diferentes proxeccións e un contacontos, con BaraFunda Animación.

Publicacións Relacionadas