HomeDeputaciónsDeputación LugoA Deputación achega o audiovisual á III Feira de Educación, Formación e...

A Deputación achega o audiovisual á III Feira de Educación, Formación e Emprego

- Anuncio -spot_img

– A Presidenta visitou a feira na que o alumnado do Centro de Formación Audiovisual da institución ofrecen nun stand a posibilidade de experimentar coa imaxe e son, a través de entrevistas e gravacións en directo para o público asistente

– A feira celébrase hoxe e mañá no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e permite ao alumnado que inicia a súa formación superior coñecer a oferta formativa e as posibilidades laborais das diferentes ensinanzas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este martes á inauguración da III Feira de Educación, Formación e Emprego que se celebrará hoxe e mañá no Pazo de Feiras e Congreso de Lugo, en horario de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16.00 horas a 19:00 horas.

O alumnado do Centro de Formación Audiovisual da institución provincial  participa cun stand na feira no que ofrecen información e asesoramento sobre os Ciclos Superiores de Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos e o de Produción Audiovisuais e Espectáculos. Ademais, os estudantes permiten ao público experimentar coa imaxe e o son mediante entrevistas e gravacións en directo, achegándose en primeira persoa á práctica profesional do sector audiovisual.

Carmela López destacou que iniciativas como esta son fundamentais “para que mozos e mozas poidan definir o seu futuro académico e laboral, coñecendo a ampla oferta educativa das diferentes ensinanzas, nun evento que combina información, orientación e experiencias prácticas”. Animou aos asistentes “a coñecer a oferta formativa que ofrecemos desde a Escola de Imaxe e Son, único centro público na provincia de Lugo que imparte ensinanzas no audiovisual e desde un enfoque eminentemente práctico”.

Esta terceira edición reúne 42 expositores, entre eles 23 centros públicos de educación galegos, das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, a Universidade Intercontinental da Empresa, a Universidade Europea de Madrid e a Uned. Así mesmo, xunto a Escola de Imaxe e Son da Deputación teñen presenzas outros centros como a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, a Escola de Idiomas o los Conservatorios profesionales de Danza e de Música de Lugo, que ofrecerán actuaciones a cargo do seu alumnado.

Tamén participan varios colexios profesionais así como a Policía Nacional, a Garda Civil e as Forzas Armadas, que desprazan unha cabina do exército do Aire ou o globo aerostático.

Publicacións Relacionadas