A unidade móbil de ITV estará en abril na Guarda para a revisión de ciclomotores
A Guarda, 18 de marzo de 2026- A unidade de móbil de inspección técnica de vehículos (itv) instalarase na Estación de Servicio San Roque (A Guarda) no próximo mes de abril.
O mércores 15 de abril realizaranse inspeccións técnicas de CICLOMOTORES en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.
Para pedir cita previa, pode realizarse a través do teléfono 981 92 80 80 ou pola páxina web.



