HomePontevedraO CondadoLuz verde para a mellora d entorno da capela de San Roque...

Luz verde para a mellora d entorno da capela de San Roque na parroquia de Leirado

- Anuncio -spot_img

A Deputación de Pontevedra ven de confirmar os proxectos financiados a través do II Plan Extra, un plan que financia obras estratéxicas en 57 concellos.

O concello de Salvaterra de Miño presentou nesta segunda edición do Plan Extra da Deputación de Pontevedra un proxecto de mellora do entorno da Capela de San Roque na parroquia de Leirado por un importe de preto de 787.000 euros. Unha obra que busca a modernización e a humanización dun entorno cun gran valor patrimonial e cultural.

Esta actuación conleva a humanización do entorno, facendo que o peón gañe protagonismo, coa creación dunha plataforma única, ampliando as zonas peonís e reducindo o ancho da vía destinada ó tránsito de vehículos, seguindo sempre os criterios de actuacións de mobilidade “amable” e a recuperación de espazos públicos para as persoas.

Nos accesos á capela e ó palco da música proponse a eliminación do pavimento bituminoso actual para substituílo por outro de losa granítica, co obxectivo de priorizar o uso peonil, respectando, en todo momento a entrada de vehículos a vivendas.
Renovarase todo o sistema de tubarias, realizarase o soterramento de liñas de telecomunicacións e de baixa tensión, completándose a actuación coa colocación de mobiliario urbano.

Esta actuación tamén contempla a reorganización da zona de aparcamento no entorno, creando un novo espazo de estacionamento para vehículos

Publicacións Relacionadas