HomePontevedraCaldasO pleno de Caldas de Reis aproba a renuncia formal ao estudo...

O pleno de Caldas de Reis aproba a renuncia formal ao estudo da Variante Oeste

- Anuncio -spot_img

Na sesión extraordinaria sacouse adiante esta proposta, requisito indispensable para que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible dea carpetazo definitivo á proposta, tal e como estaba formulada

O alcalde, Jacobo Pérez, agradeceu unha vez máis a implicación do tecido social e deixou claro que “desde o primeiro momento o Concello estivo a carón da veciñanza, algo que seguiremos a facer sen fisuras”

O Pleno da Corporación de Caldas de Reis celebrou este mércores unha sesión de carácter extraordinario, na que, entre outros temas, abordouse a aprobación da proposta de acordó relativo á solicitude de renuncia formal e expresa a continuar coa tramitación do estudo da Variante Oeste, tal e como estaba formulado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade. Tal e como lembrou o alcalde, Jacobo Pérez, este acordo plenario é un requisito básico, que será remitido agora ao departamento estatal para que se lle dea carpetazo definitivo ao estudo. Precisamente, na reunión mantida a pasada semana co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, co propio rexedor e representantes das plataformas veciñais opositoras ao estudo, xa se abordara a cuestión da necesidade de que o Pleno remitise ao Goberno formal un documento co rexeitamento formal á actuación tal e como estaba prantexada inicialmente.

Pérez Gulín agradeceu “a loita e a implicación do tecido social das nosas parroquias, que resultou decisiva para acadar este obxectivo.
Sen lugar a dúbidas, é un triunfo da veciñanza, da que seguiremos velando polos seus intereses en todo momento”. Agora, ábrese un
punto de partida para que se poida planificar un novo proxecto, “que se adapte ás necesidades de Caldas de Reis e que non produza un impacto como o estudo anterior”, indicou o alcalde, que quixo poñer en valor o traballo realizado, man con man entre o Concello e a veciñanza, ao longo dos últimos sete meses, e que incluíu varias reunións con diferentes cargos estatais, así como a convocatoria de mobilización, entre outras medidas, así como a presentación de preto de 6.000 alegacións, en cuxa xestión e presentación colaborou activamente a Administración local

Por outra banda, o alcalde de Caldas de Reis tamén deixou claro que a solución para mellorar a situación viaria da vila pasa por construír un enlace que conecte a N-550 e a N-640 de xeito independiente ao acceso ao Porto de Vilagarcía, que era, precisamente, o que provocaba un maior impacto na vila. “Estamos convencidos de que é posible que se faga realidade un proxecto adaptado, que non rache cos nosos núcleos. A veciñanza e a sociedade de Caldas falou alto e claro: non queremos este proxecto”, incidiu Jacobo Pérez, que tamén quixo agradecer a sensibilidade amosada pola Delegación do Goberno e as institucións estatais á hora de ter en conta o sentir da sociedade caldense.

Publicacións Relacionadas