HomeOurenseA Festa de San Lázaro requirirá pechar ao tráfico as rúas Xoán...

A Festa de San Lázaro requirirá pechar ao tráfico as rúas Xoán XXIII, Curros Enríquez e San Lázaro o domingo pola mañá

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que as actividades de celebración da Festa de San Lázaro requirirán pechar ao tráfico rodado as rúas Curros Enríquez, Xoán XXIII e o Parque de San Lázaro, este domingo, 22 de marzo, desde as 10.45 horas.

Para garantir a fluidez da circulación de vehículos, dispóñense tres itinerarios alternativos:

  • O tráfico derivado de Progreso continuará por Ervedelo.
  • O tráfico procedente da rúa Concello, polo tramo inferior de Xoán XXIII.
  • O tráfico procedente da Avenida da Habana continuará a súa marcha por sentido descendente, en dirección á rúa do Progreso.

Respecto ao transporte colectivo, garantirase a operatividade dos autobuses urbanos mediante a habilitación dun dobre sentido de circulación tras da Subdelegación do Goberno. O punto de parada trasladarase á intersección de Curros Enríquez coa Avenida da Habana para asegurar a conectividade peonil e a seguridade das persoas usuarias.

Publicacións Relacionadas