Co fin de ampliar a rede de locais sociais dispoñibles para o uso veciñal, Alternativa proporá no vindeiro pleno a revisión da ordenanza municipal reguladora do uso de edificios e instalacións de caracter público.
A proposta orientase a impulsar unha avaliación técnica das diferentes instalacións para ampliar a rede de espazos accesibles á veciñanza, categorizando diferentes os distintos tipos de inmobles e as súas posibilidades de uso.
Neste contexto, o grupo plantea o Centro Social Adela Jean Toca como unha das instalacións que poderían abrirse a un maior uso veciñal, pola súa idoneidade polas instalacións deportivas e de lecer infantil lindeiras.
A iniciativa tamén pretende que se inclúa unha actualización da sede electrónica e na páxina web co fin de facer máis áxil e accesible a solicitude dos distintos espazos, tal e como recolle a ordenanza vixente.
Alternativa defende avanzar na democratización e na optimización do uso das instalacións municipais para favorecer a participación, a convivencia veciñal e o aproveitamento real dos recursos públicos.



