HomeA CoruñaO Teatro Colón pecha o domingo o ciclo Mulleres de Cine con...

O Teatro Colón pecha o domingo o ciclo Mulleres de Cine con ‘La quimera’ e un coloquio de Ledicia Costas

- Anuncio -spot_img

As últimas entradas para a derradeira sesión do ciclo están á venda en Ataquilla, na praza de Ourense e no propio teatro o día da función

O Concello da Coruña pecha este domingo a primeira edición do ciclo Mulleres de Cine, unha iniciativa municipal que se celebra no Teatro Colón e que reuniu a mulleres de diferentes ámbitos culturais, que programaron ao abeiro do Día Internacional da Muller películas que marcaron o seu percorrido vital ou creativo.

O ciclo contou ata o de agora coa participación de Aida Tarrío, María Vázquez, Bea Lema e Candela Sierra. Este domingo, a escritora Ledicia Costas pecha o ciclo presentando a proxección de ‘La quimera’, de Alice Rohrwacher. A sesión será ás 19.00 horas e as últimas entradas continúan á venda a través de Ataquilla, na praza de Ourense e, o día da función, no despacho de billetes do Teatro Colón.
“Estamos moi satisfeitas con este novo programa porque foi capaz de conectar cun público moi diverso e de varias xeracións, coa platea chea, por exemplo, para a estrea de ‘O corpo de Cristo’, de Bea Lema”, sinalou Inés Rey, alcaldesa da Coruña. Nos coloquios, grazas aos debates en torno ás películas, percibiuse o grande interese de espectadores e espectadoras polos grandes temas vencellados ao feminismo. A presenza da mocidade confirma a importancia de apoiar a visibilidade de mulleres referentes.

Cada sesión estivo comisariada por unha profesional destacada, que escolleu unha obra cinematográfica significativa para compartir co público e reivindicar, a través do cinema, novas miradas sobre o papel das mulleres na sociedade e na cultura. Propúxose así unha experiencia cinematográfica construída a partir de cinco voces femininas. Como nas anteriores, a derradeira sesión incluirá unha breve presentación a cargo de Ledicia Costas, que compartirá a súa visión sobre a obra seleccionada e o seu vínculo co 8M, fomentando un encontro co público arredor da creación, da identidade e das narrativas no cinema.

Publicacións Relacionadas