HomeBaixo MiñoA GuardaO alcalde da Guarda visita ‘O Cabaqueiro’ tras a súa reapertura coa...

O alcalde da Guarda visita ‘O Cabaqueiro’ tras a súa reapertura coa nova xerencia

- Anuncio -spot_img
  • O local destaca abre ás 6:00h para poder atender a almorzos de xente traballadora

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.

A principios de ano, abriu o bar “O Cabaqueiro”, na rúa José María Sesto, á entrada da Guarda. A noca xerente ao cargo, María Castro, destacou que aínda que xa están abertos hai moitas ideas por levar a cabo nos próximos meses.

Nesta nova etapa do local destaca o lavado de cara do mesmo, onde resaltan as palabras típicas da zona do Baixo Miño, incluíndo o propio nome do bar. María quere “fomentar o traballo e que non pechen locais, senón que abran”.

Roberto Carrero felicitouna polo seu “compromiso co comercio local e co traballo, así como ofrecer servizos á cidadanía”.

“O Cabaqueiro” ofrece desde as 6:00h almorzos e despois unha carta con paninis, pizzas, bocatas ou hamburguesas. Ademais, ten como plan futuro mellorar a terraza exterior e interior e coa posibilidade de facer barbacoas nas fin de semana.

Moita sorte a O Cabaqueiro nesta nova etapa!

Publicacións Relacionadas