HomeVigoO PorriñoAlumnos do Porriño participaron este venres nas actividades do Día do Auga

Alumnos do Porriño participaron este venres nas actividades do Día do Auga

- Anuncio -spot_img

● Entre xogos e a ritmo de rap aprenderon a importancia de preservar un dos nosos bens máis

Varias ducias de alumnas e alumnos de primaria de diferentes colexios do Porriño, participaron este venres pola mañá na praza do Concello, na actividade divulgativa “Os gardiáns sostibles e o misterio do fío azul”, na que coñeceron o ciclo urbano da auga e a importancia deste recurso, por medio varios xogos guiados que buscan dar a coñecer a importancia da implicación persoal no coidado da auga.
“As nenas e os nenos aprenden xogando o importante deste recurso,e a necesidade de aforrar auga e facer un uso responsable e eficiente, entendendo que non é un recurso infinito”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo, que é tamén o presidente do Consorcio de Augas do Louro.

A actividade pechouse co rap da auga na que todos os participantes cantaron reafirmando o seu compromiso coa auga.

Xornada de portas abertas

O domingo 22 celébrase unha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei na que os visitantes coñecerán os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademáis de sensibilizarse sobre o problema da contaminación da auga e concienciarse sobre a capacidade personal de axudar ao medioambiente.

Máis actividades escolares

Ademáis, o luns abrirase o prazo para o 9º Concurso anual de debuxo, destinado a todos aqueles nenos e nenas que se atopen cursando 3º e 4º curso de primaria nos Concellos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos. O prazo de presentación estará aberto ata o 5 de xuño de 2026, día Mundial do Medio Ambiente.

Os debuxos gañadores serán os utilizados no calendario do Consorcio para o ano 2027.

Publicacións Relacionadas